Embaixadoras

Ti podes paralos!

Contribúe á causa co teu propio reto!

€6,935 recadados

Compárteo e axuda a redacar máis

  • Compartir campaña en Facebook, abre nunha nova ventá
  • Compartir campaña en Whatsapp, abre nunha nova ventá

As túas preguntas

Embaixadoras #TPP

Contribuír activamente. de forma desinteresada e por iniciativa propia a conseguir fondos solidarios para a causa "Ti Podes Paralos!" procurando o apoio entre os seus círculos de relacións persoais e sociais máis próximos e/ou seareiros/as. Tamén pode ser a persoa ou colectivo que organice un evento ou acción solidaria na procura de fondos para a causa, implicando nesta tarefa a súa familia, amizades, compañeiros/as de traballo, coñecidos e coñecidas, clientes, socias, etc. En definitiva, un embaixador ou embaixadora #TPP ten por cometido espallar de forma activa a causa "Ti Podes Paralos!" e, por tanto, contribuír dun xeito especial ao seu éxito.

INDIVIDUAL: o deseño e creación do reto #TPP parte da iniciativa dunha única persoa. O seu círculo de destinatarios e/ou seguidoras será fundamentalmente aquel conformado polas persoas ou grupos cos que mantén algún tipo de relación: familia, amizades, compañeiros/as de traballo, de lecer, etc.

 

Tamén pode ser unha persoa directamente afectada polos impactos negativos da invasión macroeólica. A súa historia podería xerar interese máis aló do seu círculo de relacións persoais, xa que moitas outras afectadas se poderían ver identificadas na súa testemuña.

 

EQUIPO: embaixador/a individual ou colectivo que crea un reto #TPP a través do cal chama a outras persoas a unirse e facerse embaixadores/as do mesmo reto, conformando así un grupo de interese involucrado nunha mesma acción solidaria. Por exemplo: unha carreira deportiva solidaria.

 

ORGANIZACIÓN: a embaixadora da causa e promotora do reto #TPP adoita ser unha entidade ou plataforma xa conformada por un grupo de persoas que xa comparten intereses, e que pretenden involucrar nesta causa aos seus socios e socias, simpatizantes, ou usuarios e usuarias.

O reto a propoñer pode ser simplemente o teu reclamo ou chamado de atención sobre a causa #TiPodesParalos dirixido á túa familia, amizades e coñecidas. Tamén podes dedicar algunha data sinalada ou evento especial do teu calendario (aniversario, voda, viaxe...) ao chamado de recadación na causa #TPP; organizar unha acción solidaria específica (maratón solidario, roteiro, sorteo...) para esta finalidade; ou vinculala a un reto persoal  físico ou creativo (facer o camiño, pintar un cadro,...). Calquera escusa é boa para  espallar a causa "Ti podes paralos!" entre as persoas e colectivos que coñeces .

Si, podes escoller a que campaña #TPP impulsada por ADEGA vincular o teu reto como embaixador/a da causa, de forma que os fondos que ti recades a través do teu reto se destinen ao recurso xudicial dun proxecto eólico en concreto. Podes ver que campañas #TPP seguen activas na páxina web: https://tipodesparalos.helpbysc.com/inicio

 

Se non queres vincular o teu reto a ningunha campaña #TPP específica, por defecto, os fondos que ti recades irán destinados ao fondo común de "Ti podes paralos!", o cal ten como obxecto favorecer ao conxunto das campañas de ADEGA contra a depredación eólica do país.

ADEGA pode guiarte nos primeiros pasos para a creación do teu reto #TPP e orientarte coa túa idea de captación de máis apoios para a causa. Se requires deste apoio, rogamos nos envíes a túa idea e datos de contacto a correo electrónico cerna@adega.gal. Tamén suxerimos que consultes o punto 4 do apartado "Como crear o teu reto".

Non. A caixa de doazóns que aparecerá no teu reto #TPP xa está vinculada á conta bancaria de ADEGA na que se depositan todas as achegas á causa "Ti podes paralos!". Ti non terás que facer ningún tipo de transacción nin xestión económica ou administrativa relativa ás doazóns que se fagan para o teu reto #TPP. Disto, encárgase a asociación ecoloxista ADEGA. O teu labor só será o de espallar e espallar a causa! 

 

  • Difunde o teu reto #TPP nas túas redes sociais (IG, TW, FB, Whatsapp, Telegram, Tik Tok, etc.).
  • Aproveita calquera ocasión, circunstancia ou evento para falar do teu reto #TPP e da causa que te move.
  • Actualiza de vez en cando os contidos do teu reto #TPP con novas publicacións, imaxes ou vídeos.
  • Comparte as actualizacións coas túas amizades, seguidoras ou coñecidas.
  • Anima a outras persoas ou colectivos a facerse embaixadores #TPP.

Abslutamente nada. Independentemente dos resultados do teu reto, a asociación ecoloxista ADEGA sempre se sentirá honrada e agradecida porque teñas sido o/a embaixador/a da súa causa.

Doantes #TPP

Si. ADEGA é unha entidade de Utilidade Pública, polo que ten un réxime fiscal especial regulado pola Lei 49/2002 de 23 de decembro, para  entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado. Por tanto, todas as doazóns recibidas por ADEGA poderán ser desgravadasr na declaración do IRPF das persoas físicas e xurídicas doantes.

 

Persoa física: dedución do 80% até 150€. Dedución do 35% para o resto dos casos.

 

Persoa xurídica: dedución do 35% en todos os casos.

 

O límite da dedución sobre a base liquidable mantense no 10%.

A túa doazón irá destinada a cubrir os custos derivados da presentación dos recursos de alzada no organismo correspondente, dos recursos contencioso-administrativos no Tribunal Superior de Xustiza contra as autorizacións administrativas (previa e de construción) destes proxectos eólicos, a solicitude de asistencia xurídica gratuíta, a elaboración dun informe técnico ambiental e a solicitude de paralización cautelar das obras de cada proxecto eólico a recorrer.

 

A túa doazón irá parar ao fondo común da campaña "Ti podes paralos" ou á campaña específica que teña escollido a persoa ou organización embaixadora #TPP no seu reto.

O fondo común de Ti podes paralos repercute no éxito de todas as campañas de recadación para emprender accións xudiciais contra os macropolígonos eólicos autorizados que exercen un impacto negativo sobre o territorio galego. Así pois, o Fondo Común favorece a todas aquelas campañas de recadación que estean a piques de conseguir o reto en prazo de vecemento, ou aquelas outras que, a criterio da organización ecoloxista ADEGA, contribuisen en maior grao a preservar o interese común e o medio ambiente galego.

 

Todas as achegas económicas ou doazóns recollidas a través desta campaña, irán destinadas integramente á finalidade da campaña “Ti podes paralos!”.

Non. As doazóns son irreversibles por lei e non se poden devolver. 

 

Unha vez teñas feito a túa achega, enviarémosche un certificado de doazón como comprobante de ter contribuído a esta campaña, e ADEGA informará convenientemente a Facenda Pública da túa doazón, para que a deduzan na túa declaración da renda.

A plataforma de pago online que utilizamos para esta campaña de recadación solidaria é totalmente segura e transparente, e efectúase a través de Tarxeta de débito / crédito. Deberás autorizar o pago na APP do teu banco.

Porén, se prefires, podes optar por outros métodos de pago fóra desta plataforma:

 

1. Transferencia bancaria ao nº de conta Abanca: ES50 2080 0342 6130 4002 1744. Importante (!): indica no concepto da transferencia o nome do reto e, se queres que a túa doazón desgrave en Facenda, sinala tamén o teu nome e apelidos, DNI e código postal.

 

2. Bizum: introduce o código 07723 na opción de “Fai unha doazón” da túa aplicación Bizum. Tamén podes buscar por “ADEGA Ti Podes Paralos”.  Importante (!): indica no concepto da transferencia o nome do reto e, se queres que a túa doazón desgrave en Facenda, sinala tamén o teu nome e apelidos, DNI e código postal.

 

En ambos casos, se ademais queres recibir o certificado de doazón e a información relativa á evolución da/s campaña/s, debes enviar o xustificante de pago por transferencia ou bizum ao email xestion@adega.gal ou chámanos ao 981570099.

Na seguinte páxina web: https://tipodesparalos.helpbysc.com/inicio

Tamén poderás comprobar en que fase de recadación se atopan.

Si. Ao efectuar a túa doazón poderás escoller que sexa pública ou anónima. En calquera dos dous casos, os teus datos serán requiridos só para rexistro interno e a efectos da aplicación da desgravación fiscal.

Crea a túa iniciativa solidaria