Club Clavicémbalo & #TiPodesParalos
O club Clavicémbalo, referente cultural lucense, únese á causa #TiPodesParalos cun concerto solidario de Solo Voces o 28 de setembro para a recadación de fondos. A través desta páxina xa podes facer a túa achega para axudalos a frear a vaga eólica.
A miña historia
O club Clavicémbalo é un local referente no eido cultural de Lugo que naceu no ano 1986 e que sempre aposta pola música en directo e por diversidade de actividades culturais. Polo seu escenario pasan centos de persoas cantautoras, actrices, humoristas, contacontos; e as súas paredes acollen obras pictóricas e escultóricas de todo tipo... A defensa da cultura de Galiza forma parte da súa identidade mesma.
Agora, o club decide unirse á campaña #TiPodesParalos impulsada por ADEGA contra a depredación eólica do país a través desta recadación propia. O obxectivo é reunir os fondos necesarios para custear as accións xudiciais contra as autorizacións daqueles parques eólicos que provocarían danos medioambientais, sociais e culturais irreversíbeis, moitos deles proxectados nas montañas dos Ancares e do Courel. O club Clavicémbalo programa para iso un concerto solidario coa causa o próximo xoves, 28 de setembro, ofrecido polo grupo vocal Solo Voces.
Comprométete co club Clavicémbalo e con Solo Voces e axúdaos a recadar os fondos necesarios para esta causa xusta. Podes facelo a través desta páxina ou de xeito presencial no Clavi, onde haberá un peto no que poderás facer a túa achega. Queremos unha transición enerxética planificada, xusta e sustentábel, ao servizo do pobo e non das grandes multinacionais enerxéticas. Non queremos continuar co mesmo modelo depredador do territorio! Por iso, lembra, #TiPodesParalos!
Recadación Concerto Solo Voces
€99.40
Anónimo
€23.00
Ánimo, podemos logralo
Alejandro Fdez Ordóñez
€20.00
OVERALL_FUNDRAISER_LEADERBOARD
Orgullo Galego
Fenda
Roxín Roxal
RedMeteo