Toxío vai de ruta pola Costa da Morte en apoio a Ti Podes Paralos!

As viaxeiras Nuria e Sergio visitarán todos os tesouros que quedarían dentro da poligonal eólica Monte da Croa, en Vimianzo e Dumbría. Apoia o reto para protexer o medioambiente e o patrimonio de Galiza da vaga eólica e non perdas detalle da súa andaina!

Toxío

Recadado:

€334
22%
Finalizada
Obxectivo: €1,500
17 Doazóns

A miña historia

Somos Nuria e Sergio, dúas viaxeiras que decidiron facer do rural galego o seu fogar ao tempo que defenden aquilo que as move. E, como podes supoñer, o noso fogar é algo que defender. Toxío naceu para compartir as nosas viaxes de maneira técnica, emocional e ética. E a día de hoxe neste proxecto compartimos o que somos e dámos voz a aquilo no que cremos. E por iso estás sabendo de nós agora. 

Hai uns meses, a oportunidade de documentar o impacto da enerxía eólica en diferentes puntos de Galicia tocou a nosa porta e nós abrímoslle de cheo, facéndoo parte da nosa loita tamén. E esperamos que ti a fagas túa. Por iso, lanzamos este reto da man de ADEGA para esta campaña de recadación solidaria que pretende reunir os fondos necesarios para defendernos nos tribunais.

Vivimos na Costa da Morte e Nuria é de Vimianzo, polo que a historia de cada muíño da zona é unha ferida en nós. Quizais das primeiras non fomos conscientes, pero si que o somos cada vez máis, tanto do impacto dos polígonos en si, como de todo ese patrimonio que queda dentro da poligonal e como afecta ás nosas vilas. Por iso, achegarémonos ao que será a poligonal do Monte da Croa (en Vimianzo) para ver todos os tesouros que quedarán dentro desta zona industrial. Percorreremos a zona en bicicleta e gravarémolo todo nun vídeo de Youtube para que ti os poidas descubrir tamén.


Queres seguir vendo os montes cheos de eólicos e pensar no espolio que a nosa terra sufriu, ou queres ver montes onde estes polígonos estaban proxectados pero grazas ao traballo de tanta xente puideron ser parados? Anímaste a ser parte desa xente? Recorda que #TiPodesParalos!

Totais de Actividade

8.00 km percorridos

Ruta pola poligonal de Monte da Croa

Oct 5, 2023, 3:17:12 PM

Moitas grazas a todas polas doazóns. Faltan menos de 15 días para rematar este reto e estades apoiando un montón a iniciativa. Queremos compartir convosco a ruta que fixemos por Vimianzo para ensinarvos algúns dos espazos naturais que quedarán dentro da zona industrial eólica. Foi unha ruta que nos permitiu redescubrir lugares perto da casa e valorar a importancia de protexer o noso rural. Iso si, con algún que outro contratempo. Comezando porque ía ser en bici e tivemos problemas loxísticos. Pero non che adiantamos nada máis! Vai ver o vídeo e cóntanos que che pareceu! Apertas e moitísimas grazas polo apoio. Podemos paralos!

Actividade: Sendeirismo Distancia: 8 km

OVERALL_FUNDRAISER_LEADERBOARD