Colectivo Fenda & Ti Podes Paralos!

Desde Madrid, o colectivo de emigradas Fenda únese como embaixadora de Ti Podes Paralos co obxectivo de reunir fondos para frear a vaga eólica nos tribunais. Axúdanos a acadar o noso obxectivo!

Fenda

Recadado:

€1,335
89%
Finalizada
Obxectivo: €1,500
15 Doazóns

A miña historia

Desde a diáspora, unímonos á campaña contra o espolio eólico que quere sacrificar o noso territorio para o beneficio das empresas eléctricas.

Somos Fenda, un colectivo de galegas e galegos que vivimos en Madrid, forzados polas mesmas circunstancias históricas, políticas e económicas que condenaron varias xeracións do noso pobo á emigración.

Queremos contribuír a articular e organizar esa dispersa comunidade, co fin de nos facer ver e de transformarmos a partir da emigración a realidade que se impón á nosa nación e que nós sufrimos de xeito particular na diáspora. 

Precisamente aquí, no corazón da besta, no mesmo centro do Estado que nos nega como pobo, ten especial importancia sermos quen de tecer complicidades e resistencias.

Os nosos obxectivos son:
- Organizar a comunidade galega en Madrid co fin de crear e fortalecer a conciencia nacional no seu seo.
- Difundir entre o conxunto da poboación de Madrid e a súa contorna a nosa realidade social e cultural, superando os tópicos e os clixés instalados e transmitindo a imaxe dunha nación rebelde orgullosa de si.
- Actuar como unha embaixada que exerza de ponte coa Galiza, a través da que achegar e acoller actividades culturais do país e servir como acubillo á poboación galega da cidade.
- Implicarnos nos movementos sociais e iniciativas populares da cidade e tecer redes de colaboración con elas.

Axúdanos a conseguir este #RetoTPP! Ti podes paralos!

Helena

€150.00

Imos paralos!

12/12/23, 6:02 PM

Anónimo

€150.00

Forza!

12/12/23, 4:58 PM

Anónimo

€60.00

Defendamos a terra do espólio empresarial!

12/12/23, 3:17 PM

Anónimo

€100.00

12/11/23, 10:57 AM

Anónimo

€40.00

Força!

12/3/23, 11:38 PM

OVERALL_FUNDRAISER_LEADERBOARD