Orgullo Galego & #TiPodesParalos
Orgullo Galego procura fondos a través deste #RetoTPP para frear a vaga eólica nos tribunais e defender un rural vivo! Fai a túa achega e apoia a Orgullo Galego!
A miña historia
O proxecto Orgullo Galego naceu para falar de temas de actualidade, mais tamén para divulgar sobre a nosa lingua, cultura, tradicións e, por suposto, a defensa da terra. No ano 2016 abrimos a nosa primeira rede social, Facebook, e foi a raíz dos tristes lumes que se deron no país que conseguimos chegar a moita xente que nos usou como plataforma para dar a coñecer a súa situación e a falta de recursos no seu concello. Como defensores do medio ambiente, do patrimonio e da natureza, comprometémonos neste reto #TiPodesParalos que servirá para dar cobertura á loita contra numerosos parques eólicos que non só ameazan o modo de vida no rural senón tamén o patrimonio arqueolóxico, a flora e a fauna. As seguidoras e seguidores de Orgullo Galego caracterízanse por unha especial sensibilidade coa nosa terra, por iso o noso proxecto súmase como embaixador a Ti Podes Paralos. Queremos animarvos a colaborar economicamente na medida do posible, porque se ben é certo que non estamos en contra dos eólicos, si estamos en contra dun modelo construído á medida das grandes multinacionais e non das nosas necesidades como pobo. Os numerosos parques eólicos proxectados polo país ameazan o noso patrimonio arqueolóxico, a flora, aves protexidas, bestas en liberdade, ríos e recunchos tan diversos coma os Ancares, Xurés, Courel ou a Costa da Morte. Entre todas e todos imos frear este boom macroeólico. Ti podes paralos!
Anónimo
€25.00
Anónimo
€41.00
Galiza ceive
Anónimo
€33.00
Galiza ceibe
Anónimo
€22.00
Parabéns e obrigado
JM Puente
€25.00
Contra a depredación eólica