RedMeteo & #TiPodesParalos
RedMeteo (David Domínguez) procura a través deste #RetoTPP os últimos 1.000 euros que precisa a campaña #TiPodesParalos. De conseguilo, poderiamos levar ante a Xustiza unha trintena de proxectos eólicos. Fai a túa achega e apoia a RedMeteo!
A miña historia
O meu nome é David, estou detrás do proxecto RedMeteo. Meteoroloxía en Galego, e son de Campo Lameiro, un pequeno concello da provincia de Pontevedra onde as empresas eólicas queren facer unha auténtica desfeita nos nosos montes, así como tamén en incontables lugares de Galicia. O que antes eran zonas tranquilas, onde a fauna e a flora podían vivir en calma, vanse converter, de non evitalo, en polígonos eólicos nos que veremos xigantescos muíños xirando as 24 horas do día. Estes aeroxeradores levarán por diante aves de gran valor que ata o despregamento supostamente "verde" desta enerxía podían vivir na tranquilidade máis absoluta. Pero non só iso, as pistas forestais que terán que abrir para poder instalar todo o polígono eólico tamén cortarán e secarán mananciais de auga, matarán moita flora e, por suposto, reducirán moitísimo as reservas hídricas da zona onde alí se instale.
Como amante da nosa terra, dende aquí, dende Campo Lameiro, anímovos a que participedes nesta campaña e me axudedes a acadar este #RetoTPP, xa que entre todos e todas podemos contribuír a que a desfeita que queren levar a cabo non sexa tan grande. Está en xogo o futuro do rural, das nosas aldeas, da esencia de Galicia, e que xoguen con iso non se pode consentir. Témonos que unir para que os montes sigan sendo montes, co seu toxo, coas súas brañas, cos seus mananciais, coas súas bestas, e non montes con enormes muíños ao carón das casas, facendo ruído a diario e devastando todo ao seu paso. Animádevos!
Anónimo
€20.00
Apoiade o BNG para que isto non volva pasar
Yolanda
€20.00
Oxala teñas moita mais donacions
Carlos
€100.00
.
luisa
€50.00
Anónimo
€10.00
OVERALL_FUNDRAISER_LEADERBOARD
Orgullo Galego
Fenda
Roxín Roxal
RedMeteo